Login
Main menu
  • Praia das Catedrais
  • Ría de Ribadeo
  • Porto Deportivo
  • Praza de España

Areosa

 

PRAIA LONXITUDE ANCHURA

COMPOSICIÓN

CONDICIÓNS
AREOSA 20 metros 5 metros Area e grava

Oleaxe forte
Praia ventosa

 

URBANIZACIÓN OCUPACIÓN SEGURIDADE SERVIZOS
Virxe Baixo Sinalizacións Papeleiras

 

Ler máis...

Rinlo a Ribadeo

 

Para chegar a Rinlo viaxarase en tren, saíndo da estación de FEVE de Ribadeo ás 11 da mañá. Camiñaremos por rúas e ruelas cara ao sur do núcleo urbano; por unha pista sen asfalto chegamos a Punta Corveira, para regresar pola costa, visitando as tres cetareas e percorrendo o novo paseo marítimo.

Ao chegar á pista polideportiva, continúase polo camiño de serventía pegado ao mar. Na ensenada de Liñares, éntrase na parroquia de Vilaframil e logo das Pudias, na desembocadura do Rego do Couto, hai un area de esparexemento adecuada para descansar.

Pasado o regacho está o Castro de Piñeira e continuando o paseo pola ribeira do mar rodéase a peninsula de Celeirós. Pásase sobre as praias de Areosa e de Olga e éntrase en Vilaselán polo Castro das Grobas. Queda por visitar a desembocadura do río de Vilaselán, que se cruza fronte á depuradora, para terminar saíndo á pista que vai ata a praia de Areosa, xunto a Rocas Brancas e a illa Pancha.

Vólvese a Ribadeo pola Chousa, A Torre, O Circo e Campoxurado.

Ler máis...

Rinlo

San Pedro de Rinlo é a parroquia con menor extensión do municipio e, xunto con Ribadeo, é o único que ten categoría de núcleo urbano. A súa extensión é de 1,275 Km² e a súa poboación rolda os 300 habitantes.


Limita polo sur con Vilaframil e a parte máis suroeste entra en contacto coa Devesa, mentres o norte e o oeste ocúpao o mar. Toda ela está por baixo dos 20m de altitude aínda que non quere dicir que sexa totalmente chaira. Só ten un arroio, o de San Julián pero de escaso percorrido.


Conta cun pequeno porto situado na ensenada da desembocadura do regato de San Xulián. Pobo de gran tradición mariñeira co seu propio depósito e traida de augas. Un lugar de xentes singulares, moi indicado para darse un paseo polas súas estreitas calexóns ou gozar do arroz caldoso (con marisco) do bar do porto.


Unha web sobre esta parroquia www.omeupoboderinlo.com


Arquitectura Civil


As casas mirando ao mar cos seus diferentes coloridos e as súas estreitas calexóns, estase rehabilitando toda a rasa costeira como paseo marítimo


Arquitectura Relixiosa


Igrexa de San Pedro no casco de Rinlo.
 

Ler máis...
Suscrición a este RSS feed

Mareas

CookiesAccept

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnoloxías semellantes.

Si non muda a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

I understand

FacebookG+TwitterRSS