Login
Main menu
  • Porto Deportivo
  • Praia das Catedrais
  • Ría de Ribadeo
  • Praza de España

Montes de Ribadeo

 

O punto de partida desta travesía en descenso polos montes de Ribadeo, é o bar-ultramarinos “Centro” en Remourelle: (350 m de altitude). Desde aquí subimos por pistas de terra a Penalonga, no pico do monte Comado (509m).

Atravesando monte baixo chegamos a Noceda, e bordeando o Mondigo, pola cara norte, saímos a Cereixido. Continúa o paseo pola pista forestal que vai xunto a Coroa (367 m) pico ao que se pode subir e ao Corno (296 m), lugar recomendado para descansar.

Continuamos baixando sempre cara ao leste, pola pista forestal de Vilaframil, ata coller un desvío á dereita que leva por baixo de Acevedo ao monte de Santa Cruz (175m).
Seguindo o descenso polas pistas de Ove regresamos a Ribadeo ao cabo, aproximadamente, dunhas cinco horas e media.

Ler máis...

Valles de Covelas

O punto de partida é o restaurante A Pena, en Vilela, desde onde se van seguindo as indicacións do Camiño de Santiago ata saír á estrada no barrio de Esfolado logo de pasar xunto á iglesa de San Vicente de Covelas

Hai que apartarse do camiño para baixar ao río por unha pista asfaltada que sobe a Cedofeita polo lateral da Casa Grande.

Percorrendo a súa fachada e camiñando uns metros máis, chegarase ao río, que marca o cambio de parroquia. á dereita sobe un camiño á sombra dos castiñeiros cara ao Pedregal de San Antonio, chegando á capela do Viso, onde se pode descansar contemplando unha panorámica do val.

Avanzamos cara ao leste, para ver a fonte do Sueiro, en Requiande, e unha ponte sobre o regacho do Queixoiro. Volvemos entón ao Rio Grande para, augas abaixo, dirixirse a Salcedo, polos camiños da súa marxe esquerda.

Despois do encoro xunto ao muíño, cruzamos de novo o río para achegarse a visitar o lugar que foi o Castro dá Pumarega. Ao baixar atravesamos o río e As Anzas, e xunto á escola por unha pista de terra regresamos ao momento de partida.

Ler máis...

Por Vilaosende y Couxela

Paseo por Santalla e Couxela (9 km)

Para saír desde Ribadeo é necesario levar o coche ata o Mesón A Ruca en Porto de Arriba, Parroquia de Santalla de Vilaosende.

Por unha pista asfaltada, logo da subestación do gas , baixamos á Curuxeira e O Carbón, para saír á estrada de Santalla onde se atopa o pazo de Quintalonga. Seguimos despois polos lugares de Torre e Santalla de Arriba, onde se pode ver o que queda da espectacular entrada á antiga igrexa.

Logo de pasado Santalla, no primeiro cruzamento á esquerda, outra pista tamén con asfalto sobe cara á Venta (160 m altitude), e baixa por Cima de Vila ata a estrada de Couxela, cara á esquerda, levaranos cara a Sindín, onde nos desviaremos para ir ao Fornelo.

O kilometro e medio que falta para regresar a Porto será atravesando monte por pista de terra e camiños, anchos e de andar fácil pero humedos. Por alí pódese parar un momento para descansar.

Recomendamos a visita aos dous Portos ( De Arriba e de Abaixo) e ao tunel do tren de Vilaodrid.

 

 

 

Ler máis...

Paseo por Ove

Paseo por Frieira (Ove) (11 km)

 

Comeza o paseo diante da piscina municipal de Ribadeo, para ir por Veigadaira e San Juan cara ao Valín e Pastoriza. Neste tramo seguimos o Camiño Norte de Santiago, por pistas de terra; o resto do paseo será por estradas comarcais, asfaltadas. Asi ao fondo de Pastoriza a estrada da dereita leva a Frieira Vella e Frieira Nova onde está o area de descanso coa mellor panorámica da Ría de Ribadeo. Este é o lugar previsto para descansar.

No camiño de regreso, pasaremos por Casas Novas, A Graña, Os Guildeiros e As Aceas, onde teremos que baixar á estrada xeral para de inmediato subir á Palmeira e volver por o Campín, O Castelo e Os Malatos, regresando a Veigadaira e a Ribadeo.

 

Ler máis...
Suscrición a este RSS feed

Mareas

CookiesAccept

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnoloxías semellantes.

Si non muda a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

I understand

FacebookG+TwitterRSS