
ría de ribadeo
As Rías da costa norte de Galicia son moi variadas, tanto polo seu tamaño como pola súa topografía. A ría de ribadeo é a máis oriental das rías galegas. Situada no límite entre Galicia e Asturias, presenta unha forma alongada que se estende de norte a sur, pasando polos municipios de Ribadeo, na súa parte occidental, e de Castropol na parte oriental da ría
As seis Rías Altas
» Ría de Foz
» Ría de Viveiro
» Ría de O Barqueiro
» Ría de Ortigueira
» Ría de Cedeira
O río EO, que nace nas terras de Baleira, nas proximidades do bosque de Estornín, desemboca no mar Cantábrico e forma a ría de ribadeo, servindo de límite entre as comunidades galega e asturiana.
Na súa desembocadura, o río adquire uns valores naturais inusuais, abundando as chairas intermareais e as xunqueiras, sempre próximas a poblacións de importancia.
Está protexida por diversos convenios internacionais como o RAMSAR e foi declarada zona ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) pola UE, debido á importancia que ten esta zona como invernada de anátidas.
Ficha ecolóxica da ría:
Figura de protección |
Zona ZEPA. Refuxio Nacional de Caza |
Extensión |
550 Has. en Galicia e 1190 Has. en Asturias |
Clima |
Atlántico |
Xeomorfoloxía |
Terrenos Cámbricos. Calizas e Cuarcitas |
Valores naturais |
Aves acuáticas. Paisaxístico. Piscícola. |
Descrición |
Ría formada pola desembocadura do río Eo no mar Cantábrico, entre as comunidades de Galicia e Asturias. |
Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218
Artigos relacionados
Media
Galería
https://ribadeo.com/gl/ribadeo/ria-de-ribadeo.html?print=1&tmpl=component#sigProGalleriaa5efe38318