Login
Main menu

Ría de Ribadeo

As Rías da costa norte de Galicia son moi variadas, tanto polo seu tamaño como pola súa topografía. A Ría de Ribadeo é a máis oriental das rías galegas. Situada no límite entre Galicia e Asturias, presenta unha forma alongada que se estende de norte a sur, pasando polos municipios de Ribadeo, na súa parte occidental, e de Castropol na parte oriental da ría

As seis Rías Altas 

» Ría de Ribadeo 

» Ría de Foz 

» Ría de Viveiro 

» Ría de O Barqueiro 

» Ría de Ortigueira 

» Ría de Cedeira

 

O río EO, que nace nas terras de Baleira, nas proximidades do bosque de Estornín, desemboca no mar Cantábrico e forma a Ría de Ribadeo, servindo de límite entre as comunidades galega e asturiana.

 

Na súa desembocadura, o río adquire uns valores naturais inusuais, abundando as chairas intermareais e as xunqueiras, sempre próximas a poblacións de importancia.

 

Está protexida por diversos convenios internacionais como o RAMSAR e foi declarada zona ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) pola UE, debido á importancia que ten esta zona como invernada de anátidas.

 

Ficha ecolóxica da ría:

 

Figura de protección

Zona ZEPA. Refuxio Nacional de Caza

Extensión

550 Has. en Galicia e 1190 Has. en Asturias

Clima

Atlántico

Xeomorfoloxía

Terrenos Cámbricos. Calizas e Cuarcitas

Valores naturais

Aves acuáticas. Paisaxístico. Piscícola.

Descrición

Ría formada pola desembocadura do río Eo no mar Cantábrico, entre as comunidades de Galicia e Asturias.

 

Ler máis...

Galería de vídeo

Ría de Ribadeo

Los profesores del IES Porta da Auga Mª Jesús Besteiro y Alvaro Doural han elaborado un vídeo sobre la temática natural y paisajística de la Ría de Ribadeo, como una forma de defender el medio si lo conoces.

 

Duración 29 minutos (Color) Idioma: Gallego (Require Real Media Player)

Ría de Ribadeo {ram}riaribadeo{/ram}

 

 

Ler máis...
Suscrición a este RSS feed

Facebook Wall

Twitter

Error: no data

FacebookG+TwitterRSS