Login
Main menu
  • Ría de Ribadeo
  • Praza de España
  • Praia das Catedrais
  • Porto Deportivo

Tra-las montañas

A ruta verde e os seus vales

 

Partindo de Ribadeo, iniciamos unha viaxe por de tras das montañas que delimitan a franxa costeira.
Gozando de prados vales e montañas veremos:


SANTA CRUZ: Un dos miradoiros máis fermosos da costa de Lugo. Divísase toda a desembocadura da Ría de Ribadeo co remate de Galicia e o comezo de Asturias.
É de interese turístico a festa que se celébra o primeiro domingo do mes de agosto.



CEDOFEITA: Ocupa, esta poboación o centro dun precioso val. Destaca dentro da arquitectura civil o Pazo que leva o nome do pobo.



A PONTE: é un cruzamento de camiños. Na capela do pobo existen uns interesantes frescos.



ARANTE: Sempre entre montañas calladas de eucaliptos chegamos ao pobo de Arante. Eminentemente agrícola e gandeiro figura como referente agropecuario da comarca. Interesantes retablos barrocos na Parroquial de San Pedro.

VIDAL: Foi en tempos pretéritos poboación de certa importancia. Tiña xuíz e aínda hoxe consérvase o lugar chamado “A Forca” onde se axusticiaba aos reos.
En “O val dás Eguas” gozaremos da beleza en estado puro destas paraxes.

TRABADA: Tres vaos, tres vales, rodean a este paraíso de paz. Sentirá o viaxeiro unha profunda dita nada máis chegar á cabeceira da comarca. As súas xentes, os seus prados e ríos, as súas montañas forman un todo inesquecible. Veremos o Pazo de Terrafeita, mesón Camiño Norte, Miradoiro da Cadeira, Menhir de “A Pena Verde” e un paseo polo pobo.

FORNEA: Este núcleo de poboación aséntase na saia das montañas que separan a Trabada da costa. Sempre vales con verdes prados.

INSUA: Dá acceso á costa co concello de Barreiros. Camiños e fontes...

San ESTEBAN DO ERMO: Ermida no medio dunha paraxe única. Fonte ferruginosa, fervenza do río, Lenda...tan só lenda.

 

Ler máis...

Covelas

San Vicente de Covelas pertence ao Arciprestazgo de Ribadeo e no ano 1991 tiña 503 habitantes que resultaban en case 40 hab/Km2.


Esta é a parroquia que ocupa a zona centro. é a segunda en canto a extensión xa que conta con 14,325 Km². En Covelas, Arante e Santalla de Vilaosende concéntrase a maior parte da produción agricola e gandeira do municipio.


Limita ao norte con Vilaframil e en parte co nordeste de Piñeira, polo leste a maior parte está en contacto con Ove, excepto cara ao sueste que se atopa Vilaosende, co río grande como separación. Ao sur, o mesmo río sepárao de Cedofeita e o río Lexoso de Arante polo suroeste, o resto ocúpao a fronteira coa parroquia da Devesa.


Nesta parroquia atópase o punto máis alto do municipio, o monte Mondigo a 571 metros de altura onde se sitúan un bo número de repetidores de TV, rádio e comunicacións.



Os habitantes de Covelas repártense nas seguintes 16 poboacións: San Vicente, As Anzas, Marelle, A Rúa, Salcedo, Barreiras, O Vilar, Sáa, Vilela, Aenlle, Pousadoiro, Cereixido, Carboeiro, Celeiros, Casas dá Edra e A Ponte.

Ler máis...

Arante

 

San Pedro de Arante pertence o Arciprestazgo de Ría de Abres y no 1991 tiña 323 habitantes, cunha densidad de algo máis de 20 hab/km2.

 

A súa situación correspondese co extremo suroeste do municipio, polo norte limita ca Devesa. Polo Nordeste o río Lexoso sirve de limite con Cubelas.

 

No punto de unión do Lexoso co río Grande comeza Cedofeita que é o límite Este. Ó sur limita con Trabada (Vidal), e ó oeste con Barreiros.

 

Abarca unha superficie de 14,75 Km², polo que é a terceira en extensión. É unha das parroquias máis montañosas, aunque tamén cuota con dous importantes vales: o do Río Grande e o do río Lexoso. A altitude máxima chega ós 440 metros.

 

Comprende esta parroquia : Barredal, Bestilleiros, Vilamariz, Remourelle, Cee, Penedo, Fondo da Vila, A Ponte y Porto Bragán.

 

Na Ponte celebrase unha romería de orixe medieval, que conmemora a victoria sobor dos franceses. É una festa de gran colorido donde se ondean unhos pendóns de cores. Ten un gran valor histórico a recuperación realizada nestos últimos anos desta festa.

 

Arquitectura Religiosa

 

Igrexa de San Pedro de Arante (siglo XVIII), ca nave central cuberta por bóveda de canón e arcos de medio punto que remata en outra bóveda de pabellón sobre tres arcos de pedra, tamén de medio punto. No interior, tres retablos: dous de elos barrocos r outro clásico. Capelas de As Virtudes (A Ponte) e Santa Mª Magdalena (Remourelle)

 

Ler máis...
Suscrición a este RSS feed

Twitter

  • RT @arealidade_2016: Aquí se reparaban y se construían los barcos en Ribadeo, hace mucho tiempo atrás. @Ribadeo_Online #arealidadenosollosd…
  • @arealidade_2016 @Ribadeo_Online
  • RT @RiadeRibadeo: Espérovos a todos ás 11:00 na Casa da Xuventude para falar das aves da #RíadeRibadeo @TurismoRibadeo @Ribadeo_Online http…

Siguenos en Twitter

Mareas

CookiesAccept

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnoloxías semellantes.

Si non muda a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

I understand

FacebookG+TwitterRSS