×

Advertencia

JFile: :leer: No se ha podido abrir el archivo: http://query.yahooapis.com/v1/public/yql?q=SELECT+%2A+FROM+query.multi+WHERE+queries%3D%27SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.info+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624149268775%22%3B+SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.photos%2820%29+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624149268775%22+and+extras%3D%22description%2C+date_upload%2C+date_taken%2C+path_alias%2C+url_sq%2C+url_t%2C+url_s%2C+url_m%2C+url_o%22%27&format=json&env=store%3A%2F%2Fdatatables.org%2Falltableswithkeys&_maxage=3600&callback=
Login
Main menu

Warning: fopen(): php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Name or service not known in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/libraries/src/Filesystem/File.php on line 354

Warning: fopen(http://query.yahooapis.com/v1/public/yql?q=SELECT+%2A+FROM+query.multi+WHERE+queries%3D%27SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.info+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624149268775%22%3B+SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.photos%2820%29+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624149268775%22+and+extras%3D%22description%2C+date_upload%2C+date_taken%2C+path_alias%2C+url_sq%2C+url_t%2C+url_s%2C+url_m%2C+url_o%22%27&format=json&env=store%3A%2F%2Fdatatables.org%2Falltableswithkeys&_maxage=3600&callback=): failed to open stream: php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Name or service not known in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/libraries/src/Filesystem/File.php on line 354

Super User

URL del sitio web:

O FestivalON 2009

En 2009, o festival de curtas ON&OFF pasou a chamarse OFestivalON e estivo organizado un ano máis por Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo.
 
Programa do festival:
 
 
42 curtas de varios países foron seleccionadas para formar parte da sección oficial, dividida en 6 bloques que se proxectaron no Cantón e no cine Teatro:
   - Bloque 1: El encargado, No corras tanto, Pánico a una muerte ridícula, La Sortie, C'est la vie, The Road, Ferro ardendo
   - Bloque 2: The werepig, Niño balcón, Tan preto e tan lonxe, Mi chiamo Seby, La leyenda del ladrón del árbol de los colgados, Socarrat, In the name of God
   - Bloque 3: 0'8 miligramos, Continuará, Runners, Matando el sueño, On/Off, Túneles en el río, Encanto
   - Bloque 4: En(terrados), You are my hero, A fábrica, Broken Horizon, Pim, pam, pum, Soy Meera Malik, On the line
   - Bloque 5: Miente, Muto, La chica dentro de la caja, Vellas, El misterio del pez, Stikk, Funfair
   - Bloque 6: O raio transparente, Campás, Marruecos, un viaje de colores, Teherán 3 18, A miña casa é un inferno, Mei Ling, La carrera
 

Por outra banda, do 27 ao 31 de xullo, graváronse as tres curtas de A toda mecha:
   - Placebo, de Andreia Táboas e Ana Belén Diz
   - Favores en cadea, Jose María Picón
   - Para mariñeiros nós, de Omar Rabuñal
 
A principal novidade deste ano foi a integración dos máis pequenos no festival, coa presenza da Caixiña de Mistos
Ademais de poder ver curtas infantís e votar as súas preferidas, os nenos participaron nun obradoiro de stop motion, onde gravaron as súas propias pezas.
A eles tamén estivo dirixida a actuación teatral do grupo Migallas.


Na gala de clausura, que contou coa actuación do grupo de jazz Lucía Martínez Cuarteto, fíxose a entrega dos premios, que foron para:

   - Misto de Pau de Sabugueiro á mellor curta de ficción para On the line, de Jon Garaño.
   - Misto de Pau de Castiñeiro á mellor curta de animación para El misterio del pez, de Giovanni Maccelli.
   - Misto de Pau de Carballo á mellor curta documental para A fábrica, de Marcos Nine.
   - Misto de Pau de Loureiro, elixido polo público, para Ferro ardendo, de Miguel García Fernández.
 
Nesta ocasión o xurado estivo composto por Antonio MourelosSantiago Jaureguízar e María Acuña Rodríguez.
 
E en 2010 chegou a VI e última edición do festival de curtas de Ribadeo...
 
{gallery}http://www.flickr.com/photos/ofestivalon/sets/72157624149268775/{/gallery}
Leer más ...

Festival On&Off 2008

A proxección das obras realizadas na edición anterior serviu como pistoletazo de saída do IV Festival de curtas ON&OFF, que se celebrou do 29 de xullo ao 2 de agosto de 2009.

 
27 traballos formaron parte da sección oficial, que estivo dividida en varios bloques:
- 2 bloques de 6 curtas de ficción:
Salvar el mundo, Machu Pichu, Fest, Pelo Olvido, Botones e Cores.
Bilingüe, Silba Perfidia, Present Perfect, Lost in Montanaro, 18 segundos e Mínimo común múltiplo.
 - 2 bloques de 6 curtas de animación:
O pintor de ceos, El empleo, Solos, Los pecadores, Salvation e Leo.
1977, La fábula del prisionero y la flor, Revolt of the mouses, El príncipe de las basuras, Dibujo de David e Levedad.
 - 1 bloque de 3 curtas documentais:
El doctor italiano, Valkirias y Bata por fuera (mujer por dentro).
 
As curtas, ao igual que en anos anteriores, proxectáronse no cine Teatro, en rincóns da zona vella e no Cantón.
 
En A toda mecha participaron 8 equipos, que tiveron un máximo de 75 horas para realizar as súas curtametraxes.
Desta vez, a organización facilitoulles varias obras musicais cedidas pola discográfica Falcatruada, xunto cos medios necesarios para a gravación e a postprodución.
Unha condición imposta aos grupos foi a de incluír nas pezas un elemento de atrezzo e unha localización previamente indicados polos organizadores e o premio final foi de 3000€.


Entre as actividades paralelas do festival, non faltaron as Sesións Vermú, é dicir, charlas nas terrazas do Cantón e do Breogán nas que se analizaron diferentes aspectos do audiovisual e ás que acudiron profesionais do sector.

 
Outra das novidades desta cuarta edición foron os Filmes Concerto, coas actuacións dos grupos Contraplano e Nikouala, que combinaban música e audiovisual.
 
En canto ás proxecións, unha das máis esperadas do ON&OFF 2008 foi a da película Pradolongo, de Ignacio Vilar.
 
No marco do Intercambio Xuvenil Intercultural Audiovisual, chegaron a Ribadeo estudantes de catro países: Reino Unido, Estonia, Bulgaria e Portugal. Durante a súa estancia na vila gravaron varias curtas.
 
Na gala de clausura, onde actuaron Zora Gabbara e Sempre se fixo, entregáronse os premios ás curtas gañadoras, elexidas polo xurado. Este estivo formado por Elisa Vecino (Escola de Imaxe e Son da Coruña), Santiago Jaureguízar (escritor) e Xosé Lois Santiago (Festival Internacional de Cine Independente de Ourense).
 
Os gañadores da sección oficial foron:
  - Misto de Pau de Sabugueiro á mellor curta de ficción18 segundos de Zacharías e MacGregor.
   - Misto de Pau de Carballo á mellor curta de animaciónO pintor de ceos, de Jorge Morais.
   - Misto de Pau de Castiñeiro á mellor curta documentalBata por fóra (muller por dentro) de Claudia Prenlla.

 
A mellor curta para o público foi O gran golpe, sobre a Liga Nacional de Billarda, mentres que o premio do xurado recaeu sobre O ecoloxista, no que se presenta a un mozo que rola por Ribadeo.

O premio á mellor actriz foi para Marta Lara (de Ribadeo) e o de mellor actor para Zidane (de Celeiro de Mariñaos, Barreiros).

E en 2009 chegou a quinta edición do festival, que deixou de chamarse ON&OFF para converterse en OFestivalON...

Leer más ...

Festival On&Off 2007

En 2007, Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo organizaron o III Festival de curtas ON&OFF, que tivo lugar do 1 ao 5 de agosto.

Na sección oficial, máis de 40 curtas foron seleccionadas e agrupadas en distintos paquetes (ficción 1ficción 2ficción 3ficción 4documental-experimental e animación) para ser proxectadas por varios puntos de Ribadeo: no Cantón, no cine Teatro, na zona vella, etc.

Por segundo ano, convocouse o certame de curtas A toda mecha.
Os medios necesarios para levar a cabo os proxectos foron facilitados pola organización e os participantes contaron cun máximo de 60 horas para realizar os seus traballos.
O tema das curtas era libre e tan só tiñan que incluír un elemento de atrezzo e unha localización indicadas pola organización nun sobre pechado, para asegurarse de que as gravacións se realizaban durante o festival e non previamente.
Nesta edición houbo un único premio de 3000€, outorgado por un xurado composto por profesionais do audiovisual.

As curtametraxes realizadas en A toda mecha 2007 foron:

Límite 12 horas, Love is in the air, A miña herdanza, O talento do señor Carrack, Miguelito, Operación Cantón, Espera, La calle es tuya, Case sempre, Sen escrúpulos, Da compra á cesta, Freak Paradise, O tren da vida, O suso e Os quitadores de ferro.
 
No ON&OFF 2007, os directores convidados a gravar curtas en Ribadeo foron:
   - Javier e Kike Prada con Mariñeiro
   - Jairo Iglesias con 1936.Ribadeo 
   Alber Ponte con No tardes
 

Un ano máis, no marco do festival celebráronse numerosas actividades paralelas, como por exemplo, os encontros con profesionais do sector como Susana Rei, Jairo Iglesias e os irmáns Prada. Tamén houbo un coloquio sobre o cine de animación.

Tampouco faltaron as proxeccións, entre as que destacan a de De profundis e Carne de canón en Rinlo ou a de O ceo do súper 8 no Cantón.

 
Unha das novidades do ON&OFF 2007 foron os concursos Curtas de peto ePerspectiva allea.
O primeiro deles invitaba á xente a realizar pequenas gravacións con teléfonos móbiles ou cámaras, que se podían recoller nas carpas colocadas polos organizadores.
Pola súa parte, Perspectiva allea estaba dirixido a persoas non censadas en Ribadeo e animábaos a fotografar a vila e o ambiente do festival.
 
 
A gala de clausura estivo presentada pola actriz Rosalía Quelle e contou coa actuación do grupo The Ellas, liderado por Luis Tosar.
Durante o acto proxectáronse as curtas realizadas por Jairo Iglesias, Alber Ponte e os irmáns Prada.
Por suposto, tamén se fixo a entrega de premios e os gañadores foron:
   - Misto de Ouro na categoría de ficción para La gran revelación, de Santiago de Lucas.
   - Misto de Ouro na categoría de documental para Cousas do Kulechov, de Susana Rei.
   - Misto de Ouro na categoría de animación para Carne de canón, de Darío Fernández Ignacio.
   - Misto de Cera a toda unha carreira na curtametraxe para Alber Ponte.
   - Misto de Pau de A toda mecha para Sen escrúpulos, de Carlos Seijo.


E un ano despois, en 2008, chegaría a IV edición do festival ON&OFF de Ribadeo...
Leer más ...
Suscribirse a este canal RSS
Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/user.php on line 131

Facebook Wall

Twitter

Error: no data

FacebookG+TwitterRSS