Do 29 de xullo ao 1 de agosto de 2010, Ribadeo acolleu OFestivalON VI, organizado por Mr Misto Films e o Concello. 39 curtametraxes formaron parte da sección oficial: - Sesión 1: On the line, Volvoreta, O narcotráfico na punta do Neixón, Porque las babosas no toman sal, El tránsito, Quid Pro Quo - Sesión 2: A nena que tiña unha soa orella, Marina, Retrato, Tomato story, Fábrica de muñecas, Con Sandra, I love Luci - Sesión 3: Neggy coñece a Sammy, Flat love, La tierra de Oscar, Instalación, The true story of Marvin Walvis, Street Feeling, Kings of the castle - Sesión 4: O soldadiño de chumbo, Yanindara, Steps, En un lugar del cine, O elixido, Burbuja - Sesión 5: Pigueon Impossible, La historia de siempre, As almas do Fental, Oro verde, L'uomo perfetto, Ofelia, Viejos perdedores, Amona Putz!, The name-less, Lost, Por la mañana, Todo es maybe, Rodilla Nesta edición de A toda mecha graváronse 11 curtas: Speed love (Álvaro Liste), Pintando o silencio (Ana Diz e Andrea Táboas), A porta(Andrés Goteira), Salvavidas (Benito Eiroá), Contemplando la creación (David G. Rubianes), As moiras (Iago Prada), A morte (Juli Díaz), O peregrino (Marcos García), Despierta (Pablo Portero), Fóra da habitación (Gonzalo Enrique), O gran golpe (Suso López). Os grupos tiveron 3 días para realizar as súas pezas, nas que se tiña que incluir un elemento de atrezzo e unha localización indicados pola organización. Entre as actividades paralelas destacou a proxección no cine Teatro do filme Os Crebinsky, coa presenza de algún membros do equipo como Miguel de Lira e Quique Otero. Tamén se exhibiron Dous homes e un suicidio de Iria López, O sobriño de Omar Rabuñal e Cero Vinte e Fuga de descerebrados, dos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo. As curtas convidadas deste ano foron as de Artabriños 2010, resultantes da campaña de promoción turística de Ferrol, Eume, Ortegal, Chámalle como queiras. Ademais, presentáronse o libro A lei das ánimas, de Carlos Reigosa, e o manualCine y TV, de Jorge Carrasco. Un ano máis, houbo Sesión Vermú con charlas – coloquio nas que participaron Iria López e Omar Rabuñal, entre outros. Tampouco faltaron a Caixiña dos Mistos, dirixida aos máis pequenos, nin a danza, da man da compañía SOLODOSneodans. Os concertos da Banda dos Crebinsky e de Lamatumbá puxeron o broche final deste festival. Na gala de clausura, presentada por Isabel Risco e Xoan Mariño, tivo lugar a entrega de premios, que foron para: Na sección oficial: - Misto do Pau votado polo público: Todo es maybe (Asier Urbieta) - Misto de Pau ao mellor documental: El tránsito (León Siminiani) - Misto de Pau á mellor curta de ficción: O elixido (Chema Gagino) - Misto de Pau á mellor curta de animación: O soldadiño de chumbo (Virginia Curiá e Tomás Conde) O xurado da sección oficial estivo formado por Isabel Risco, Farruco Graña e José Antonio Corredoira. En A toda mecha: - Misto do Pau elixido do público: O peregrino (Marcos García) - Misto de Pau á mellor curta: A porta (Andrés Goteira) - Misto de Pau á mellor actriz: Estíbaliz Veiga - Misto de Pau ao mellor actor: Suso López - Misto de Pau á dirección de arte: A morte (Juli Díaz) - Misto de Pau á mellor curta en lingua galega: A porta (Andrés Goteira) - Misto de Pau ao mellor guionista: Benito Eiroá por Salvavidas O xurado de A toda mecha estivo composto por Chelo Loureiro, Carlos Reigosa, Omar Rabuñal, Quique Otero, Xosé Pereira e Falcatruada. E esta edición de OFestivalON foi a última polo de agora, xa que no verán de 2011 non se celebrou o festival... {gallery}http://www.flickr.com/photos/ofestivalon/sets/72157624518975969/{/gallery} {gallery}http://www.flickr.com/photos/ofestivalon/sets/72157624274481406/{/gallery}