As Rías da costa norte de Galicia son moi variadas, tanto polo seu tamaño como pola súa topografía. A Ría de Ribadeo é a máis oriental das rías galegas. Situada no límite entre Galicia e Asturias, presenta unha forma alongada que se estende de norte a sur, pasando polos municipios de Ribadeo, na súa parte occidental, e de Castropol na parte oriental da ría As seis Rías Altas » Ría de Ribadeo » Ría de Foz » Ría de Viveiro » Ría de O Barqueiro » Ría de Ortigueira » Ría de Cedeira O río EO, que nace nas terras de Baleira, nas proximidades do bosque de Estornín, desemboca no mar Cantábrico e forma a Ría de Ribadeo, servindo de límite entre as comunidades galega e asturiana. Na súa desembocadura, o río adquire uns valores naturais inusuais, abundando as chairas intermareais e as xunqueiras, sempre próximas a poblacións de importancia. Está protexida por diversos convenios internacionais como o RAMSAR e foi declarada zona ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) pola UE, debido á importancia que ten esta zona como invernada de anátidas. Ficha ecolóxica da ría: Figura de protección Zona ZEPA. Refuxio Nacional de Caza Extensión 550 Has. en Galicia e 1190 Has. en Asturias Clima Atlántico Xeomorfoloxía Terrenos Cámbricos. Calizas e Cuarcitas Valores naturais Aves acuáticas. Paisaxístico. Piscícola. Descrición Ría formada pola desembocadura do río Eo no mar Cantábrico, entre as comunidades de Galicia e Asturias.