
Santalla de Vilaosende
Santalla de Vilaosende cos seus aproximadamente 250 habitantes dan unha media de 20 habitantes por km2.
Ocupa o sector sur-leste de o municipio. Toda a súa parte leste está bañada pola ría de ribadeo que divide Asturias e Galicia co Concello de Vegadeo como veciño. Destaca nesta zona as marismas da Xunqueira e en Reme atoparemos un observatorio Ornitolóxico.
Polo norte o río Grande establece o límite con Ove e ao Noroeste Covelas e ao suroeste con Cedofeita. Practicamente o sur limita con Couxela
Ten unha extensión de 10,05 Km² e conta con sete entidades de poboación: Vilaosende, Porto, Santalla, Lourido, Torre, Santo Tomei e Carbón.
Arquitectura Relixiosa
Santalla de Vilaosende, con imaxes barrocas, do século XVIII
Arquitectura Civil
Restos do Pazo de Quinta Longa (Vilaosende), conxunto en mal estado de conservación, composto por: patio, corredor, cociña e capela. No muro oriental campea unha pedra de armas ovalada, cos emblemas dos Montenegro e Luaces
Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218
Related items
Media
Image Gallery
https://ribadeo.com/en/ribadeo/parroquias/38-parroquias/141-santalla-de-vilaosende.html#sigProGalleria3c070048c4