Login
Main menu
  • Porto Deportivo
  • Praza de España
  • Praia das Catedrais
  • Ría de Ribadeo

Asociación de Veciños "O Tesón"

A AVV O Tesón naceu na primavera de 2003, recollendo unha xa longa tradición asociativa ribadense, se ben cicateira en asociacións de veciños no núcleo urbano. Os fins están estruturados a partir da contribución á resolución dos problemas que xurdan e a mellorar a convivencia dos veciños do concello.

As actividades da asociación entran no campo de diversos ámbitos, entre eles, o reivindicativo (disposición de espazos públicos no pobo), social (protestas pola pretensión da construcción dun galpón terrestre-marítimo de grandes dimensións no porto comercial) ou cultural (potenciación e descubrimento do castro das Grobas), tentando dar cabida ós requerimentos cidadáns sobre temas actuais, ben sexa o ruído, o plan xeral de urbanismo, o seguemento da preocupación polas antenas ou calquera outro que no momento se vexa conveniente. Desenvolve ata o momento dúas asambleas xerais anuais (a xunta diretiva reúnese de xeito ordinario dúas veces ó mes) e a súa liña de actuación fundamental baséase no fomento da participación cidadá.

A asociación non ten filiación política, sendo creada nun momento de goberno municipal do PP, desenrolando a maior parte da súa traxectoria ata o momento baixo un goberno municipal do PSOE e na actualidade, baixo un goberno municipal do BNG. Esto indica que non se supedita a ningún partido nin para seguemento de directrices nin para centrar reivindicacións fronte ó mesmo.

No 2008 ten 130 asociados (un asociado, unha familia).

Enderezo blog: http://o-teson.blogspot.com

Rate this item
(0 votes)

Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218
More in this category: « Datos Xerais Asociacións »

Leave a comment

Make sure you enter all the required information, indicated by an asterisk (*). HTML code is not allowed.

back to top

Facebook Wall

Twitter

Error: no data

FacebookG+TwitterRSS