Ribadeo On Line - Toda información sobre Ribadeo
Imprime páx
SD Ribadeo

SD Ribadeo

A finais dos anos 90 botaron a andar as Escolas Deportivas Municipais. Todas aquelas persoas que se sumaron á súa organización tiñan clara a aposta pola unión de deporte e cultura. Durante un tempo, as Escolas Municipais de Fútbol foron xestionadas pola Anpa A Faxarda, sempre cun espírito aberto a todo o pobo, e non circunscrito exclusivamente ao Ceip Gregorio Sanz. Co paso dos anos, esa semente dou o seu froito. No caso do fútbol, e tras un aumento considerábel da demanda por parte dos pais e das nais, acabouse constituíndo a Sociedade Deportiva Ribadeo, que é a que agora xestiona as Escolas Municipais de Fútbol.

Por iso no ano 2000 ,e a partir da actividade despregada nas Escolas Municipais de Fútbol, varios nais e pais puxéronse en marcha un proxecto que culminaría na S.D. Ribadeo. O obxectivo non era outro que promover a práctica de actividades deportivas, principalmente fútbol, así como difundir a educación integral do deportista entre a xente nova. Unhas rapazas e rapaces que queren estar frescos e espertos para o día seguinte participar nun encontro de fútbol (ou calquera outro deporte) son quen de autocontrolarse e responsabilizarse dos seus actos.

Tamén temos moi presente que o importante é o afán de superación persoal, a capacidade de sacrificio, e as ganas de disfrutar dunha vida san; que non todo vai estar encamiñado á competición pura e dura e a obsesión por gañar. Aínda que pareza un tópico: o importante é participar, o proceso, ver como poñendo ilusión e esforzo conséguense as cousas. E aprendendo a perder, para recoñecer os erros cometidos e ser quen de saber superalos. A fin de contas, facernos todos, nais, pais e fillos, máis persoas.

Na tempada 2007-2008 a SD Ribadeo ten o seu cargo a formación de 160 rapaces e rapazas en distintas categorías que van dende Infantil ata miniprebenxamin (nenos de 4 anos).

Como evento a destacar a SD Ribadeo organiza un torneo de Futbol base a mediados do mes de Xuño no que participan equipos de Futbol base de una ampla marxe xeografica ese ano alcanzará a súa 4ª edicion.

 phocagallery view=category|categoryid=1}

Califica
(0 votos)

Info Adicional

  • email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • web: http://sdribadeo.info

Media

Ribadeo On line - Deseño Web EOMATICA Google+