Ribadeo On Line - Toda información sobre Ribadeo
Imprime páx
Ove

Ove

San Xoan de Ove pertence ao Arciprestazgo de Ribadeo e os 430 habitantes de 1991 daban unha media de 27 hab/Km2.


ocupa todo o sector centro-leste de o municipio de Ribadeo. Nela sitúase o coñecido monte de Santa Cruz onde se celebra a Xira homenaxe á Gaita declarada de interese turístico.


Polo nordeste limita con Ribadeo, que absorbeu parte da parroquia, ao noroeste Piñeira e polo sur o río Grande fai de límite con Vilaosende en boa parte e polo leste atópase a ría de ribadeo.



Conta cunha superficie de 13,75 Km², na que se asentan 26 poboacións: Garitos, Covo, Chao, Igrexa, Palmeira, As Aceas, Acevedo, Pastoriza, Graña, Casas Novas, Guildeiros, Frieira Nova, Frieira Vella, Reme, A Pega, Xardín, San Lázaro, Santa Cruz, Xeixadelo, Valín.


Arquitectura Relixiosa


Igrexa de Santa María de Ove (século XVII), con retablo rococó no presbiterio, de dous corpos. Nas naves laterais, outros dous do mesmo estilo.Capela de San Estevo (Ove), cun retablo barroco dun corpo e tres hornacinas. Capelas de Santa Cruz, San Lazaro, San Esteban (Graña), Santa Lucia (Frieira)

Califica
(0 votos)

Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218
Ribadeo On line - Deseño Web EOMATICA Google+