Ribadeo On Line - Toda información sobre Ribadeo
Imprime páx

Futbol Sala

BREVE HISTORIA DO CLUBE


O Clube Ribadeo Fútbol-Sala foi creado no ano 1998 por iniciativa dun grupo de amigos con afección a este deporte.

 

Esta tempada 2000-2001 afronta a súa terceira campaña na 1ª División Nacional -Grupo B- con ámbito de actuación en toda a Comunidade Autónoma Galega. Durante a tempada 1999-2000 militou ademais do equipo "senior" con outros dous: un feminino, campión de liga e copa, na liga provincial e outro xuvenil masculino que tamén competiu na liga provincial. O Club vén encargando desde a súa creación da "Escola Municipal de Fútbol-Sala" que se organiza polo Concello de Ribadeo e que na presente tempada 2000-2001 conta con 42 deportistas de idades comprendidas entre os 5 e 15 anos. Tamén conta con dous equipos - benxamins e alevíns -en competicións escolares organizadas pola Xunta de Galicia e con ámbito na Mariña Lucense (Ribadeo-San Ciprián). O obxectivo marcado para o equipo "senior" é o de manter a categoría e ao propio tempo que o persoal váiase asegurando con xogadores locais das categorías inferiores, todo iso sen descartar o posible ascenso nesta ou na próxima tempada sempre que os resultados acompañen e o finanzamento o permita.

Califica
(0 votos)
Ribadeo On line - Deseño Web EOMATICA Google+