Ría de Ribadeo
As Rías da costa norte de Galicia son moi variadas, tanto polo seu tamaño como pola súa topografía. A ría de ribadeo é a máis oriental das rías galegas. Situada no límite entre Galicia e Asturias, presenta unha forma alongada que se estende de norte a sur, pasando polos municipios de Ribadeo, na súa parte occidental, e de Castropol na parte oriental da ría
As seis Rías Altas
» Ría de Foz
» Ría de Viveiro
» Ría de O Barqueiro
» Ría de Ortigueira
» Ría de Cedeira
O río EO, que nace nas terras de Baleira, nas proximidades do bosque de Estornín, desemboca no mar Cantábrico e forma a ría de ribadeo, servindo de límite entre as comunidades galega e asturiana.
Na súa desembocadura, o río adquire uns valores naturais inusuais, abundando as chairas intermareais e as xunqueiras, sempre próximas a poblacións de importancia.
Está protexida por diversos convenios internacionais como o RAMSAR e foi declarada zona ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) pola UE, debido á importancia que ten esta zona como invernada de anátidas.
Ficha ecolóxica da ría:
| 
			 Figura de protección  | 
			
			 Zona ZEPA. Refuxio Nacional de Caza  | 
		
| 
			 Extensión  | 
			
			 550 Has. en Galicia e 1190 Has. en Asturias  | 
		
| 
			 Clima  | 
			
			 Atlántico  | 
		
| 
			 Xeomorfoloxía  | 
			
			 Terrenos Cámbricos. Calizas e Cuarcitas  | 
		
| 
			 Valores naturais  | 
			
			 Aves acuáticas. Paisaxístico. Piscícola.  | 
		
| 
			 Descrición  | 
			
			 Ría formada pola desembocadura do río Eo no mar Cantábrico, entre as comunidades de Galicia e Asturias.  | 
		
     
     		
				