
Festival On&Off 2006
2006: II Festival Audiovisual ON&OFF
Do 1 ao 5 de agosto de 2006 tivo lugar o II Festival de curtas ON&OFF, organizado unha vez máis por Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo.
Nesta edición, 27 curtametraxes foron seleccionadas para formar parte da seccion oficial:
Éramos pocos, Los ojos de Djamel, Máis Madeira, Papás y mamás, Lobos, Sirenito, Acecho, Redondeo, El Examinador, Con que 24 Eh?!, O Boiro, Birth School Work Death, Teki, Choque, Sólo para Chelo, O intruso, Sintonía, A máquina, Bucowsky, En mitad de la noche, Taquetesis, Madres, Painting Soldiers, Chatarra, K.O., Máxima pena e La más breve.
Estas pezas estaban divididas en dúas sesións e proxectáronse en distintos puntos de Ribadeo: nas rúas da zona vella, no auditorio, no cine Teatro, no Cantón, etc.
A principal novidade deste ano foi a celebración do I Certame de curtas A toda mecha.
Este consistía en elaborar unha curtametraxe en tan só 3 días, durante a celebración do festival e tendo Ribadeo como escenario.
As curtas realizadas exhibíronse durante a gala de clausura do festival.
Os participantes nesta I edición de A toda mecha foron:
- Historia do cine Teatro, dos irmáns Prada, que gañaron o Misto de Pau e unha fin de semana nunha casa de turismo rural.
- O que a amizade se levou, de Borja Pardo
- A ver ho, espabila, de Joao Rodicio
- Asalto ó “Castillo de San Damián”, de Isma Teijeiro
- Chegada masiva de videocreadores, de Verónica Remaller e Mariña Casais
- El atrevimiento de John Carrack, de Juan de Oliveira
- Heissel-Como se fixo o Mistura Sound 2006, de Xabi Lomba
- Toxic Girl, de Jacobo Paz
Historia del cine Teatro, irmáns Prada
Por outra parte, catro creacións foron seleccionados mediante concurso para gravarse en Ribadeo e os seus protagonistas elixíronse a través dun cásting, ao que se presentaron numerosos veciños da vila.
As curtas escollidas foron:

- Marta, de Juan de Oliveira
- Nueve meses, de Javier Ramudo
- Pulgas, de Valentín Barreiros e Joao Rodicio
- Listillo, de Benito Eiroá
Ao igual que no ano anterior, houbo actividades paralelas como o Mistura Sound, coas actuacións de Heissel, 7 Setenta e Lili Films.
Tamén se celebrou un seminario de produción dixital impartido por Jorge Carrasco.
A gala de clausura do festival, no auditorio municipal, estivo presentada pola actrizComba Campoy.
No acto proxectáronse as curtas realizadas en A toda mecha e as pezas Ribadeo no tempo e Locos por el Super 8.
Ademais, fíxose a entrega de premios e estes foron os galardoados:
- Misto de Ouro a Madres, de Mario Iglesias.
- Misto de Prata á mellor curta outorgado polo público a Sintonía, de José Mª Goenaga.
- Misto de Bronce para Redondeo, de Pablo Iglesias.
Pero a historia do festival non remata aquí, xa que en 2007 Ribadeo acolleu o III Festival de curtas ON&OFF...
Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218