Ribadeo On Line - Toda información sobre Ribadeo
Imprime páx

Coral Polifónica

A Coral Polifónica de Ribadeo foi fundada no ano 1955, o que a converte na decana da provincia de Lugo.
Desde o mesmo día da súa presentación estivo dirixida por D. Carlos Alvarez Fernandez-Cid, ata 1984, ano da súa morte. A partir desta data a dirección atópase baixo a batuta de Dª Maria Carmen Rodriguez Cancelo, titulada polo Real Conservatorio de Musica de Madrid.
A Coral conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, misas, negros espirituais, obras populares tanto de rexións españolas como doutras nacións do mundo, etc. Na actualidade conta cunhas 45 voces mixtas e entre as súas actuacións podemos destacar as realizadas en Lugo, O Ferrol, Santiago de Compostela, Vigo, Astorga (León), Algemesí (Valencia), San Sebastián e 3 concertos dados en Barcelona, ademais de varias gravacións para RTVG, Radio Nacional e Cadea COPE.

No ano 1995, con motivo da celebración dos 40 anos dá a súa fundación a Polifónica ribadense, entre outros actos , ofreceu un concerto conmemorativo no mesmo lugar ( Teatro de Ribadeo) e á mesma hora que o fixese en 1955, aproveitando a ocasión para gravar en directo este concerto do 40 aniversario, que posteriormente foi rexistrado en cintas magnetofónicas nunha casa discográfica para a súa comercialización.

Debemos destacar, asi mesmo, que a Coral Polifónica de Ribadeo apadriñou o concerto de presentación da Coral Polifónica de Viveiro, no ano 1984 e a Coral Polifonica de Sober, no ano 1987.

Doutra banda, actuou conxuntamente coa Banda Municipal de Musica de Ribadeo en repetidas ocasións.

A Coral Polifónica de Ribadeo é membro da Federación Coral Galega (FE CO. GA.), coa que colabora activamente no desenvolvemento das súas actividades, destacando a organización de concertos con motivo do "Dia dás Letras Galegas" e de Nadal.

Pode consultar o seu blog en http://polifonicaderibadeo.blogcindario.com/
Califica
(0 votos)

Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218

Artigos relacionados

Media

elfarero.com
Ribadeo On line - Deseño Web EOMATICA Google+