Login
Main menu

Rinlo a Ribadeo

 

Para chegar a Rinlo viaxarase en tren, saíndo da estación de FEVE de Ribadeo ás 11 da mañá. Camiñaremos por rúas e ruelas cara ao sur do núcleo urbano; por unha pista sen asfalto chegamos a Punta Corveira, para regresar pola costa, visitando as tres cetareas e percorrendo o novo paseo marítimo.

Ao chegar á pista polideportiva, continúase polo camiño de serventía pegado ao mar. Na ensenada de Liñares, éntrase na parroquia de Vilaframil e logo das Pudias, na desembocadura do Rego do Couto, hai un area de esparexemento adecuada para descansar.

Pasado o regacho está o Castro de Piñeira e continuando o paseo pola ribeira do mar rodéase a peninsula de Celeirós. Pásase sobre as praias de Areosa e de Olga e éntrase en Vilaselán polo Castro das Grobas. Queda por visitar a desembocadura do río de Vilaselán, que se cruza fronte á depuradora, para terminar saíndo á pista que vai ata a praia de Areosa, xunto a Rocas Brancas e a illa Pancha.

Vólvese a Ribadeo pola Chousa, A Torre, O Circo e Campoxurado.

Ler máis...

Polo Eo até o Miño

RUTA DAS ORIXES

 

Seguir a canle dun río cara ao seu nacemento sempre é unha experiencia apaixonante. Poderá o viaxeiro ao longo desta ruta, urgar no pasado ou transportarse no futuro segundo imaxine as correntes de auga dos dous ríos que nos farán compañía. O Eo e o pai Miño. Ambos nacen nas mesmas estribaciones aínda que en ladeiras opostas da Sierra de Meira.


LUGARES A VISITAR:


SAN TIRSO DE ABRES: Precioso Val polo que transcorre o río Eo. Visitaremos unha interesante capela do século XVII ou unha fabulosa piscifactoría onde pode o turista pescar as súas propias troitas.



A PONTENOVA: Importante enclave industrial que foi centro da minería e siderurxia da costa de Lugo a principios do século XX. Os seus altos fornos, transformados en museos, poden ser visitados asi como outros complexos etnográficos próximos.



MEIRA: É a cabeceira da comarca que leva o seu nome: Terras de Meira. No século XI os monxes cistercienses fundan o mosteiro de Santa María que andando o tempo sería a primeira escola de filosofía de España. Non podemos perdernos a Igrexa Románica do século XII e a fachada Neoclásica do Concello.

 


PEDREGAL DE IRIMIA: Autentico nacemento do Miño (Recomendado)



FONMIÑÁ: Saíndo de Meira cara a Lugo hai un cruzamento, tomando a estrada de Mondoñedo a poucos metros do cruzamento chegamos a Fonmiñá.



VILADONGA: é o enclave dun castro prerromano totalmente recuperado.
Conta cun importante museo arqueolóxico e etnológico.



LUGO: Cabeza de provincia é unha das cidades máis antigas de España. Todo nela é belo, antigo e máxico. Imprescindible visitar a Muralla Romana, as Termas Romanas, a Catedral do Século XII, o Museo Provincial e un paseo polo casco antigo.

 

 

Ler máis...

Tra-las montañas

A ruta verde e os seus vales

 

Partindo de Ribadeo, iniciamos unha viaxe por de tras das montañas que delimitan a franxa costeira.
Gozando de prados vales e montañas veremos:


SANTA CRUZ: Un dos miradoiros máis fermosos da costa de Lugo. Divísase toda a desembocadura da Ría de Ribadeo co remate de Galicia e o comezo de Asturias.
É de interese turístico a festa que se celébra o primeiro domingo do mes de agosto.



CEDOFEITA: Ocupa, esta poboación o centro dun precioso val. Destaca dentro da arquitectura civil o Pazo que leva o nome do pobo.



A PONTE: é un cruzamento de camiños. Na capela do pobo existen uns interesantes frescos.



ARANTE: Sempre entre montañas calladas de eucaliptos chegamos ao pobo de Arante. Eminentemente agrícola e gandeiro figura como referente agropecuario da comarca. Interesantes retablos barrocos na Parroquial de San Pedro.

VIDAL: Foi en tempos pretéritos poboación de certa importancia. Tiña xuíz e aínda hoxe consérvase o lugar chamado “A Forca” onde se axusticiaba aos reos.
En “O val dás Eguas” gozaremos da beleza en estado puro destas paraxes.

TRABADA: Tres vaos, tres vales, rodean a este paraíso de paz. Sentirá o viaxeiro unha profunda dita nada máis chegar á cabeceira da comarca. As súas xentes, os seus prados e ríos, as súas montañas forman un todo inesquecible. Veremos o Pazo de Terrafeita, mesón Camiño Norte, Miradoiro da Cadeira, Menhir de “A Pena Verde” e un paseo polo pobo.

FORNEA: Este núcleo de poboación aséntase na saia das montañas que separan a Trabada da costa. Sempre vales con verdes prados.

INSUA: Dá acceso á costa co concello de Barreiros. Camiños e fontes...

San ESTEBAN DO ERMO: Ermida no medio dunha paraxe única. Fonte ferruginosa, fervenza do río, Lenda...tan só lenda.

 

Ler máis...

Ruta Medieval

Do Mariscal Pardo de Cela

 

 

O Personaxe: Don Pedro Pardo de Cela é, sen dúbida, un dos personaxes máis controvertidos da Galicia do século XV.
As súas continuas loitas cos nobres veciños e co bispo de Mondoñedo fixérono tristemente celebre.
Foi un dos represores da revolución Irmandiña na que os servos enfrontáronse aos seus señores.
é decapitado na praza principal de Mondoñedo por enfrontarse aos Reis Católicos

RECUNCHOS A VISITAR:


San Martín de Mondoñedo: Antes de entrar en Foz a man esquerda vemos a estrada (a Ferreira) que nos levará a esta xoia do Románico da costa de Lugo. Esta catedral foi construída no século XI e nos seguintes o obispado fixou nela a súa sede.



Ferreira de Valadouro (O Val de Ouro): é o centro do que foron os feudos do Mariscal,nel podemos visitar o Dolmen de Santo Tomei, Capela de Santa Filomena (S XI), Torre medieval de Recaré e unha fermosa Fervenza.

Alfoz: Nesta localidade, núcleo do percorrido, veremos a Torre Fortaleza de Pardo de Cela e un entorno medieval ben coidado, a Leira Galea e o Miradoiro da Frouxeira.



Mondoñedo: Vila episcopal onde foi decapitado D. Pedro Pardo de Cela. Non podemos perdernos a catedral Basílica co seu museo e o seu claustro. Visita á parte antiga da localidade, o barrio xudeu, a Igrexa e parque dos Remedios, a ponte Do Pasatempo e o Mosteiro de "Os Picos"



Lourenzá : é a última vila a visitar desta ruta. Aquí veremos o Mosteiro de Santa María, o seu museo e basílica.

Ler máis...
Suscrición a este RSS feed

CookiesAccept

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnoloxías semellantes.

Si non muda a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

I understand

FacebookG+TwitterRSS