Ruta Medieval
Do Mariscal Pardo de Cela
O Personaxe: Don Pedro Pardo de Cela é, sen dúbida, un dos personaxes máis controvertidos da Galicia do século XV.
As súas continuas loitas cos nobres veciños e co bispo de Mondoñedo fixérono tristemente celebre.
Foi un dos represores da revolución Irmandiña na que os servos enfrontáronse aos seus señores.
é decapitado na praza principal de Mondoñedo por enfrontarse aos Reis Católicos
RECUNCHOS A VISITAR:
San Martín de Mondoñedo: Antes de entrar en Foz a man esquerda vemos a estrada (a Ferreira) que nos levará a esta xoia do Románico da costa de Lugo. Esta catedral foi construída no século XI e nos seguintes o obispado fixou nela a súa sede.
Ferreira de Valadouro (O Val de Ouro): é o centro do que foron os feudos do Mariscal,nel podemos visitar o Dolmen de Santo Tomei, Capela de Santa Filomena (S XI), Torre medieval de Recaré e unha fermosa Fervenza.
Alfoz: Nesta localidade, núcleo do percorrido, veremos a Torre Fortaleza de Pardo de Cela e un entorno medieval ben coidado, a Leira Galea e o Miradoiro da Frouxeira.
Mondoñedo: Vila episcopal onde foi decapitado D. Pedro Pardo de Cela. Non podemos perdernos a catedral Basílica co seu museo e o seu claustro. Visita á parte antiga da localidade, o barrio xudeu, a Igrexa e parque dos Remedios, a ponte Do Pasatempo e o Mosteiro de "Os Picos"
Lourenzá : é a última vila a visitar desta ruta. Aquí veremos o Mosteiro de Santa María, o seu museo e basílica.