Ribadeo On Line - Toda información sobre Ribadeo
Print this page
Datos Xerais

Datos Xerais


Ribadeo está situado no límite Nor-Este da provincia de Lugo (Galicia). O mar Cantábrico baña as nosas costas a a ría de ribadeo, formada pola desembocadura do río Eo, que nos separa e xungue a vez ca veciña comunidade de Asturias. Esta situación tan particular é a que distinguiu a Ribadeo co sobrenome de PORTA NORTE de Galicia. Polo seu lado Oeste, Ribadeo limita co veciño concello de Barreiros e polo sur co de Trabada. Ribadeo conta con múltiples atractivos turísticos, comerciais e deportivos como o porto deportivo de Porcillán (único con Bandeira Azul da provincia de Lugo).

Pertence ó Partido Xudicial de Mondoñedo, incluido na octava rexión militar e eclesiástica do Obispado de dita Vila.

Estimase que a temperatura media do ano está nos 13º C de media e puede variar unos 11º normalmente, así como una precipitación anual escasa (1019mm) con máximas en novembre e decembro.
Montes: Cereixido (308m), A Coroa (367m), Acebedo (314m), Canoiños (335m), Pico de Pastoriza (204m), Fontes do Lobo (186m), Santa Cruz (173m), Montes Vequeixo (378m), Penalonga (509), Mondigo (571m), Montes (552m), Foxas (196m), A Capela (182m), Vilar (205m), Penedo Corvo (435m), As Grandas (418m), Val das Eguas (438m).

Rios : Eo (e a ría de ribadeo na súa desembocadura), Grande, Moreira, Lexoso, Portobragán, Pequeno.

Regatos: Vilaselán, Moreira, Capela, San Xian, Esteuro, Teixeiras, Noceda, Ferreira, Xallán, Deveiga.

Durante este século a población non varióu demasiado atopandose arredor dos 10.000 habitantes.

A economía sustentase no sector servizos, na vila e a producción agrícola nas parroquias rurais. A vila é un polo de atracción importante da comarca por ser a mellor equipada e exerce unha importante función comercial, portuaria e de servizos. O porto comercial move cerca de 300.000 Tm en celulosa, arena de mina, magnesita, tableiro de aglomerado en canto a cargas; maíz, pulpa de remolacha e sal entre as descargas.

O sector primario da ocupación a un terzo da poboación.


Resultados Eleccións Municipais

 
Instituto Galego de Estatística
 

Banco de datos municipal. Concello: Ribadeo

Rate this item
(0 votes)

Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218

Related items

Media

Ribadeo On line - Deseño Web EOMATICA Google+