| Vilaselán |
|
Parroquia situada na esquina nor-leste do municipio ribadense. Nela venérase con gran devoción (principalmente os mariñeiros), a imágen da Virxe (aparecida no mar, segundo a tradición). Polo Leste linda en todo o seu perímetro coa Ría de Ribadeo, ata o faro de de a illa Pancha que vixía a entrada da ensenada de Vilaselán, xa no sector norte que dá a mar aberto. Polo sur limita con Ribadeo cunhas fronteiras practicamente eliminadas pois xa hai barrios integrados no casco da vila como A Lodeira e Os Galos
Castro de Louselas O achado arqueolóxico de Louselas, situado na parroquia de Vilaselán, atópase nestes momentos en fase de avaliación. Segundo os arqueólogos desprazados ao efecto, é un xacemento de gran importancia tanto pola súa extensión como pola cantidade de restos atopados ata o momento (algúns depositados no Museo de Vilalba). Auguran que probablemente sexa o maior e mellor xacemento de Galicia. Nestes momento estase executando a concentración parcelaria de Vilaselán e a zona que delimita o castro quedará reservada para investigación e exposición. |

















