| Polo Eo ata o Miño |
|
RUTA DAS ORIXES
Seguir a canle dun río cara ao seu nacemento sempre é unha experiencia apaixonante. Poderá o viaxeiro ao longo desta ruta, urgar no pasado ou transportarse no futuro segundo imaxine as correntes de auga dos dous ríos que nos farán compañía. O Eo e o pai Miño. Ambos nacen nas mesmas estribaciones aínda que en ladeiras opostas da Sierra de Meira. SAN TIRSO DE ABRES: Precioso Val polo que transcorre o río Eo. Visitaremos unha interesante capela do século XVII ou unha fabulosa piscifactoría onde pode o turista pescar as súas propias troitas. A PONTENOVA: Importante enclave industrial que foi centro da minería e siderurxia da costa de Lugo a principios do século XX. Os seus altos fornos, transformados en museos, poden ser visitados asi como outros complexos etnográficos próximos. MEIRA: É a cabeceira da comarca que leva o seu nome: Terras de Meira. No século XI os monxes cistercienses fundan o mosteiro de Santa María que andando o tempo sería a primeira escola de filosofía de España. Non podemos perdernos a Igrexa Románica do século XII e a fachada Neoclásica do Concello. PEDREGAL DE IRIMIA: Autentico nacemento do Miño (Recomendado) FONMIÑÁ: Saíndo de Meira cara a Lugo hai un cruzamento, tomando a estrada de Mondoñedo a poucos metros do cruzamento chegamos a Fonmiñá. VILADONGA: é o enclave dun castro prerromano totalmente recuperado. Conta cun importante museo arqueolóxico e etnológico. LUGO: Cabeza de provincia é unha das cidades máis antigas de España. Todo nela é belo, antigo e máxico. Imprescindible visitar a Muralla Romana, as Termas Romanas, a Catedral do Século XII, o Museo Provincial e un paseo polo casco antigo. |

















