Asociación de Veciños "O Tesón"

A AVV O Tesón naceu na primavera de 2003, recollendo unha xa longa tradición asociativa ribadense, se ben cicateira en asociacións de veciños no núcleo urbano. Os fins están estruturados a partir da contribución á resolución dos problemas que xurdan e a mellorar a convivencia dos veciños do concello.

As actividades da asociación entran no campo de diversos ámbitos, entre eles, o reivindicativo (disposición de espazos públicos no pobo), social (protestas pola pretensión da construcción dun galpón terrestre-marítimo de grandes dimensións no porto comercial) ou cultural (potenciación e descubrimento do castro das Grobas), tentando dar cabida ós requerimentos cidadáns sobre temas actuais, ben sexa o ruído, o plan xeral de urbanismo, o seguemento da preocupación polas antenas ou calquera outro que no momento se vexa conveniente. Desenvolve ata o momento dúas asambleas xerais anuais (a xunta diretiva reúnese de xeito ordinario dúas veces ó mes) e a súa liña de actuación fundamental baséase no fomento da participación cidadá.

A asociación non ten filiación política, sendo creada nun momento de goberno municipal do PP, desenrolando a maior parte da súa traxectoria ata o momento baixo un goberno municipal do PSOE e na actualidade, baixo un goberno municipal do BNG. Esto indica que non se supedita a ningún partido nin para seguemento de directrices nin para centrar reivindicacións fronte ó mesmo.

No 2008 ten 130 asociados (un asociado, unha familia).

Enderezo blog: http://o-teson.blogspot.com

 

Cope da Costa

Concello de Ribadeo

  • Obras en Rinlo

    O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinou en Santiago co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín...

  • Éxito das tapas

    Dez mil tapas se serviron nos tres primeiros días da sétima edición do certame gastronómico "Ribadeo de tapeo",...

  • Aceite vexetal

    A Delegación de Medio Ambiente procedeu a cambiar os contedores de recollida do aceite vexetal. Hai cinco instalados...

  • Hoxe empeza o "Ribadeo de tapeo"

    Hoxe arrinca a sétima edición do concurso gastronómico "Ribadeo de tapeo". Un total de 51 mesóns, bares e...

  • Reunión cos traballadores

    O Goberno Municipal pretende levar adiante un reaxuste nas funcións da RPT dos empregados públicos municipais. A proposta...

  • Buxiganga en Ribadeo

    O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o alcalde, Fernando Suárez, presentaron este mediodía no salón...

Tiene que actualizar su ordenador para poder ver correctamente nuestra web.

Ribadeo On line le muestra las últimas novedades sobre donde dormir o divertirse.

La más completa guia de información turistica, comercial y servicios. Tabla de mareas, Webcam, Galerías de Imágenes, Hoteles, Restaurantes y Pubs, Locales de Ocio y Cultura