Festas patronais

RIBADEO 8 de Setembro


Ribadeo, con catro festas ao longo do ano, é a parroquia que máis festas celebra, das doce que compoñen o concello.
As Patronais de Ribadeo, que teñen como día grande o 8 de Setembro, celébranse en honra a Santa María do Campo (patroa de Ribadeo).
O día 16 de Xullo celébranse as Festas da Virxe do Carmen (patroa dos mariñeiros), cunha procesión de embarcacións pola Ría de Ribadeo, levando a bordo á Virxe. Nesta procesión tírase ao auga unha coroa de flores, en memoria dos mariñeiros mortos no mar.
O primeiro Domingo de Agosto, celébrase a Xira de Santa Cruz, romaría campestre na hermita do mesmo nome, con concursos de gaitas, bailes, coros, etc...
O día 16 de Agosto celébranse as Festas de San Roque na capela de San Roque.
O 4 de Outubro celébranse as Festas de San Francisco, na rúa San Francisco.

Festas das parroquias de Ribadeo:

ARANTE


Festa Patronal : 29 de Xuño
Celébrase a Festa dás Cruces sete semanas logo de Semana Santa. é unha pequena romaría e procesión na que se portan sete cruces de sete parroquias distintas.
O 29 de Xuño celébrase a Festa Patronal en honra a San Pedro, cunha pequena procesión.
O 21 de Agosto celébrase a Festa da Magdalena.


OVE


Festa Patronal: 24 de Xuño
As Festas Patronais de Obe, celébranse o día 24 de Xuño, en honra a San Juan.
Na Festa de Santa Cruz hónrase á Virxe da capela do monte, o día 25 de Abril.

PIÑEIRA

Actualmente en Piñeira só queda unha festa, a Festa do Santo Cristo, que se celebra o último Domingo de Setembro.
Perdéronse a de San Juan (24 de Xuño) e a do Santo Rosario (27 de Decembro).

CEDOFEITA

A Festa da Magdalena celébrase en Cedofeita o 22 de Xullo.
A Festa da Virxe do Carmen celébrase o 24 de Xuño. Nestas dúas festas afaise a realizar unha procesión.

RINLO

Festa Patronal: 29 de Xuño
As Festas Patronais de San Pedro celébranse o 29 de Xuño, cunha procesión ata o peirao.
O 16 de Xullo, como en case todos os pobos mariñeiros, hónrase á Virxe do Carmen, cunha misa que se celebra no porto.

COUXELA

Actualmente en Couxela, só se celebra a Festa da Virxe das Dores, o cuarto Domingo de Setembro.
Perdéronse outras tres que xa non se celebran: a de San Blas (3 de Febreiro), a de San Antonio (13 de Xuño) e curiosamente a de Santiago, que é a patronal, o 25 de Xullo.

VILLAFRAMIL

En Vilaframil celébranse as festas o 10 de Agosto, en honra a San Lorenzo, con procesión ao redor da igrexa.

CUBELAS

Festa Patronal: 22 de Xaneiro
Na parroquia de Cubelas celébranse dúas festas.
A Festa de San Vicente, que é a festa patronal, o día 22 de Xaneiro.
O 15 de Setembro celébrase a Festa da Virxe das Dores, que presenta un carácter máis festivo que a anterior.

VILAOSENDE

En Vilaosende celébranse as Festas Patronais o día 10 de Decembro, en honra a Santa Eulalia.
A Festa das Flores celébrase a última semana de Maio ou a primeira de Xuño.
O día 10 de Xuño celébrase as Festas do Corazón de Xesús. Trátase dunha celebración relixiosa (sen verbena), xa que antigamente considerábase que bailar ese día era pecado e actualmente consérvase tal tradición.

A DEVESA

Festa Patronal: 10 Decembro
O 31 de Agosto celébranse na Devesa as Festas en honra a San Ramón, que inclúen romaría e procesión.
As Festas Patronais de Santa Eulalia celébranse o 10 de Decembro e contan cunha gran tradición na zona xa que coinciden coa época da matanza do porco.

VILASELÁN

En Vilaselán celébranse as Festas das Virxe o 10 de Abril.
As Festas de San Antonio teñen lugar o 13 de Xuño

 

Cope da Costa

Concello de Ribadeo

  • Días grandes das festas

    O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convida a veciños e visitantes a disfrutar das festas patronais que chegan...

  • Récord de visitas turísticas

    Arredor de 38.000 persoas se achegaron ás oficinas de turismo de Ribadeo durante os meses de xullo e...

  • "Os mortos" voltan a Ribadeo

    Unha copia da cinta "Os mortos van ás presas" xa está en Ribadeo. O director de cine Angel...

  • Edificio dos lavadoiros

    O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinou en Lugo co responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio...

  • Galiza e Uruguay

    O salón de plenos do Concello foi escenario da presentación do libro "Vínculos culturais Galiza-Uruguay: José Alonso y...

  • Xulgado de primeira instancia e instrucción

    O alcalde, Fernando Suárez, solicita manter unha entrevista co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, para coñecer en qué...

Tiene que actualizar su ordenador para poder ver correctamente nuestra web.

Ribadeo On line le muestra las ltimas novedades sobre donde dormir o divertirse.

La ms completa guia de informacin turistica, comercial y servicios. Tabla de mareas, Webcam, Galeras de Imgenes, Hoteles, Restaurantes y Pubs, Locales de Ocio y Cultura