Feiras,costumes e festas

Feiras e mercados:

 Os mércores (Ribadeo);

 Os domingos de verán Mercado do Rural;

Festas e Romarías: O día 16 de xullo fanse as Festas da Virxe do Carme -ou do Carmo- (patroa dos mariñeiros), cunha procesión de embarcacions pola Ría de Ribadeo, levando a bordo a Virxe. Nesta procesión tirase a auga unha coroa de flores, en memoria dos mariñeiros mortos no mar. O primeiro Domingo de Agosto, celebrase a Xira de Santa Cruz, romaría campestre na hermida do mesmo nome, con concursos de gaitas, bailes, coros, etc... Non lonxe desta data, concretamente o 16 de agosto fanse as Festas de San Roque na capela de San Roque.

Mercado de Navidade (Ribadeo);

 Semana do Cine Infantil (en decembro);

 Milla Popular de San Silvestre (31 de decembro);

 Romería das Cruces, en A Ponte, Arante (primavera);

 Subida o Monte Mondigo en Bicicleta;

 Marcha Cicloturística Concello de Ribadeo;

 Semana Náutica Ría de Ribadeo;

 Torneo Abierto de Tenis;

Musikeo

 Concurso de redacción "Diadema de Ribadeo";

 Xornadas de Cultura Galega Mar por Medio

 Xornadas de Medio Ambiente

 Ribadeo de Tapeo

Ademais, non debemos de esquecer toda unha serie de festexos tradicionais, celebrados en cada parroquia e dotados dun ambiente festivo e familiar. Na romaría de Arante realizase unha procesión onde se levan sete cruces ou pendons das sete distintas parroquias o 31 de maio. No apartado etnográfico, cabe suliñar, que aún viven nos ribadenses trazos da historia que lles axuda, en certa medida, a ter unha independencia cara o resto da provincia galega. De feito tamén se narraba que nos primeiros días de 1809 e, con ocasión da invasión francesa, Melchor Díaz da Rocha (alcalde maior de Sante) ofreceu unha feroz resistencia as tropas do xeneral francés François M. Fournier. O 25 de xaneiro de 1809 entraron en Ribadeo as tropas francesas, esixindo grande cantidade de alimentos as aldeas dos arredores. Polos abusos, o alcalde de Sante convocou a os veciños das parroquias de Sante, Vidal, Vilaosende, Cedofeita, Balboa e Coxela para que se negasen as esixencias do invasor; así foi como o 29 de xaneiro, Díaz da Rocha presentouse ante os franceses con 300 veciños pertrechados con trabucos, chuzos e fouces, dispostos a defende-lo camiño entre Mondoñedo e Ribadeo, infrinxindolles unha dura derrota. Sen embargo, coa chegada dos reforzos de Lugo e Ferrol, os franceses lograron entrar en Ribadeo definitivamente. A pesares do fracaso da empresa, o feito non deixa de ser significativo, xa que grazas a él foi posible que, seis meses despois, o exército francés baterase na retirada cara Astorga, abandonando definitivamente as terras galegas.

 

 

 

 

Cope da Costa

Concello de Ribadeo

  • Obras en Rinlo

    O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinou en Santiago co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín...

  • Éxito das tapas

    Dez mil tapas se serviron nos tres primeiros días da sétima edición do certame gastronómico "Ribadeo de tapeo",...

  • Aceite vexetal

    A Delegación de Medio Ambiente procedeu a cambiar os contedores de recollida do aceite vexetal. Hai cinco instalados...

  • Hoxe empeza o "Ribadeo de tapeo"

    Hoxe arrinca a sétima edición do concurso gastronómico "Ribadeo de tapeo". Un total de 51 mesóns, bares e...

  • Reunión cos traballadores

    O Goberno Municipal pretende levar adiante un reaxuste nas funcións da RPT dos empregados públicos municipais. A proposta...

  • Buxiganga en Ribadeo

    O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o alcalde, Fernando Suárez, presentaron este mediodía no salón...

Tiene que actualizar su ordenador para poder ver correctamente nuestra web.

Ribadeo On line le muestra las últimas novedades sobre donde dormir o divertirse.

La más completa guia de información turistica, comercial y servicios. Tabla de mareas, Webcam, Galerías de Imágenes, Hoteles, Restaurantes y Pubs, Locales de Ocio y Cultura