Escrito por Administrator    Luns, 14 Abril 2008 13:28    PDF Imprimir Correo-e
Ribadeo F.C
 
Oficialmente Ribadeo federou o seu primeiro equipo en 1913, co nome de Club Deportivo Ribadense.A súa primera xunta directiva integrábana D. Ramon Bustelo Gonzalez, como presidente de honor; D. Amando Suarez Couto, presidente executivo, e en calidade de vocais figuraban D. Justo de Iribarren y Vega e D.Francisco Martinez Gonzalez. O primeiro partido do Club Deportivo Ribadense tivo lugar o 17 de agosto do citado año 1913 (dia seguinte á festa de San Roque, co­patrón da vila) e o rival foi o Sport Club de Luarca, equipo este que se impuxo ao de Ribadeo polo tanteo de ­2-3. A formacion ribadense foi esta: Martinez; Moreda, Penzol; Soto, Cuervo, Cancelos; Alonso, Blanco, Gayol, Osorio e Couto.
 
Andando o tempo o Club Deportivo Ribadense pasou a chamarse Ribadeo F. C. ; mas tarde tivo como denominacion a de Sporting Club Ribadeo e despois volveu a recuperar o titulo que ostenta actualmente. Pero non só houbo na vila equipos cos os nomes citados, senon que tamén existiron, federados ou non, outros como o Arenas Club, o Racing Club, o Club Marina e algúns outros, cabe engadir tamén varios de distintas parroquias do municipio, como por exemplo o Racing Club Devesano, o Villaframil C.F., o Unión Club de Rinlo, o Pineira F.C. e Los Tigres de Los Pociños, de A Devesa, igual que o Racing.
 
As primeiras patadas a un balón ou a unha pelota feita con unha vexiga de porco e chea de trapos, comezaron a darse alá polo ano 1.909, con ocasión da entrada en servicio e explotacion das minas de Vilaodrid, cuxa produción se exportaba a diversos paises estranxeiros, a bordo de grandes barcos cargueiros, na súa maioria ingleses, e cuxas tripulacións, mentres os navíos enchían as súas bodegas do férrico mineral, saltaban a terra e dedicábanse a xogar ao fútbol polos prados inmediatos ao Cargadeiro, á vila e das parroquias próximas. E cabe no posible que asi sucedese e que foran os mariñeiros da Gran Bretaña os que introduciron a practica deste deporte na comarca de Ribadeo e despertasen a aficion polo mesmo.
 
No ao 2003 polo tanto cumpliu 90 años, durante os que pasou numerosas vicisitudes e éxitos. O maior logro do Ribadeo FC é a organización desde o ano 1952 (que o convirte no Vicedecano despois do Teresa Herrera, 1946) do prestixioso Torneo veraniego Emma Cuervo, organizado polo presidente en aqueles anos Don José Barrera. Actualmente dito torneo segue co mesmo vigor e impulso das mans da directiva que preside Don José Pulpeiro Doval.
 
CADETES 2009
Modificado o ( Sábado, 26 Xuño 2010 18:11 )
 

Cope da Costa

Concello de Ribadeo

  • Reunión cos traballadores

    O Goberno Municipal pretende levar adiante un reaxuste nas funcións da RPT dos empregados públicos municipais. A proposta...

  • Longo pleno ordinario

    No pleno celebrado onte no Concello de Ribadeo quedou aprobada a concertación dun crédito por importe de 1.528.000...

  • Buxiganga en Ribadeo

    O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o alcalde, Fernando Suárez, presentaron este mediodía no salón...

  • Liña de alta tensión

    O alcalde, Fernando Suárez, amosóuse satisfeito despois de coñecer a resolución da Consellería de Economía e Industria pola...

  • ARIS de Rinlo e de Ribadeo

    O alcalde, Fernando Suárez, asistiu en Santiago á sinatura de dous novos convenios dos ARIS de Ribadeo e...

  • Toca tapear

    A sétima edición do "Ribadeo de tapeo" quenta motores. O concurso gastronómico, que se desenvolverá do 18 ao...

Tiene que actualizar su ordenador para poder ver correctamente nuestra web.

Ribadeo On line le muestra las ltimas novedades sobre donde dormir o divertirse.

La ms completa guia de informacin turistica, comercial y servicios. Tabla de mareas, Webcam, Galeras de Imgenes, Hoteles, Restaurantes y Pubs, Locales de Ocio y Cultura